De acordo cos datos de Naciones Unidas, as mulleres do rural supoñen unha cuarta parte da poboación mundial.
¿Dende cando e por que se celebra este día?
O primeiro día Internacional celebrouse o 15/10/2008, establecido pola Asamblea Xeral na súa resolución 62/136, na que se recoñece “a función e contribución decisivas da muller rural, incluída a muller indíxena, na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural”
Polo tanto, nesta data, quérese poñer en valor a inestimable contribución das mulleres rurais (agricultoras, empresarias e asalariadas) á sociedade.
Labran a terra e plantan sementes, que alimentan a nacións enteiras. E dicir, garanten a seguridade alimentaria das súas poboacións, e, á vez, axudan a concienciar ás súas comunidades fronte ao cambio climático.
¿Que reciben a cambio?
Pese a ser tan produtivas e boas xestoras como os seus homólogos varóns, sofren de xeito desproporcionado distintos aspectos da pobreza:
- Non gozan dun acceso equitativo aos servizos públicos (sanidade, educación, auga e saneamento, infraestruturas…)
- Non dispoñen do mesmo acceso á terra, materiais agrícolas, créditos, mercados ou cadeas de produtos cultivados de alto valor engadido.
- Deben loitar con normas sociais discriminatorias e barreiras estructurales que limitan o poder deste colectivo na participación política das suas comunidades e fogares.
- Salvo raras excepcións, a nivel mundial, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as campesiñas se atopan en peores condicións que os homes do campo e que as mulleres urbanas.
Os dereitos das mulleres rurais contémplanse nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); ínstase aos Estados Membros, en colaboración coa sociedade civil e as organizacións de Nacións Unidas, a implementar medidas para mellorar a vida das mulleres rurais, incluídas as das comunidades indíxenas e aquelas con discapacidade.
A sociedade en xeral, e os gobernos en particular, deben prestar atención ás súas necesidades e investir nelas, buscando, por nomear só algunhas das medidas necesarias:
- telas en conta nas súas políticas
- desenvolver programas de asistencia específicos e servizos de asesoría para promover as habilidades económicas das mulleres rurais na banca, os procedementos comerciais e financeiros modernos e a provisión de microcréditos e outros servizos financeiros e comerciais
- elaborar leis para garantir que as mulleres rurais teñan dereitos plenos e iguais a posuír terras e outras propiedades
- que teñan apoio para a súa participación plena e igualitaria na toma de decisións a todos os niveis
- seu empoderamiento político e socioeconómico
Nuhna data como hoxe, queremos agradecerlles o seu labor, que é invisible e non remunerada (malia que as tarefas aumentan e se endurecen debido en parte á migración dos homes).
Pola súa impagable contribución para lograr un mundo mellor…grazas.
Feliz día para todas!!