O próximo 16 de outubro arranca nunha das nosas entidades asociadas IEN por Europa, un curso de nivel básico de prevención de riscos laborais de 50 horas de duración. A acción formativa é totalmente gratuita e está dirixida a traballadores por conta allea, propia ou persoas en situación de desemprego.
Esta acción formativa habilita para o desenvolvemento das seguintes funcións preventivas:
- Promover o comportamento seguro e o uso correcto dos equipos de traballo e protección e fomentar o interese e a cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada.
- Promover, en particular, accións preventivas básicas como orde, limpeza, sinalización e mantemento xeral, e realizar o seu seguemento e control
- Realizar avaliacións elementais de risco e, se é o caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu nivel educativo
- Colaborar na avaliación e control de riscos xerais e específicos da empresa, realizar visitas ao efecto, atención a reclamacións e suxestións, gravación de datos e cantas funcións análogas son necesarias
- Actuar en caso de urxencia e primeiros auxilios, xestionandfo as primeiras intervencións ao efecto
- Cooperar cos servizos de prevención se procede
Este curso pertence ao Plan de Formación PRL 2018 que a Confederación de Empresarios de Galicia xunto coa Confederación de Empresarios de La Coruña organiza co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas para o fomento da PRL no noso territorio.
Información do curso:
- Datas: do 16 ao 29 de outubro
- Horario: de 16 a 21 h
- Lugar de impartición: IEN por Europa. Edificio «Os Soportais», Plaza de la Constitución, 15500 Fene, A Coruña
- Inscrición: administracion@ien-net.com