A CEC, en colaboración coa CEG e con fondos da Xunta de Galicia, desenvolve un ano máis o plan de formación PRL, que trata de impulsar a mellora das condicións de seguridade e saúde nos centros de traballo a través da formación.
Nesta ocasión, organizamos 4 cursos PRL e 3 xornadas técnicas.
A formación PRL está centrada en formación para o manexo seguro de equipos de traballo como son as plataformas elevadoras e as carretas elevadoras e formación para poder desempeñar as funcións de recurso preventivo.
As xornadas están centradas no eido psicosocial, e tocando os seguintes aspectos:
- a abordaxe psicosocial na empresa
- primeiros auxilios psicolóxicos
- a xestión de conflitos
Todas as accións teñen carácter gratuito e están dirixidas a persoas traballadoras en activo ou en situación de desemprego.