A Confederación de Empresarios de La Coruña puxo en marcha o Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano. Este proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo principal ofrecer atención personalizada a mulleres de áreas rurais e urbanas que forman parte de itinerarios individualizados.
Estes itinerarios abarcan unha variedade de accións, como orientación laboral, asesoramento, provisión de información, formación, e o desenvolvemento de competencias e habilidades transversais. Todo iso ten como meta facilitar a inserción laboral e proporcionar acompañamento no emprego. A focalización do programa recae na capacitación e inserción laboral das mulleres, especialmente nos sectores de emprego verde e dixital.
En termos de compromiso, o programa comprometeuse a lograr unha taxa de inserción laboral do 20% para os seus participantes.
As participantes recibirán un boletín semanal de ofertas de emprego así como unha bolsa de 400 euros ao rematar todas as acción, sempre que se acredite as seguintes actuacións:
a) Diagnóstico de empregabilidade (acompañamiento)
b) Deseño do itinerario personalizado de inserción coa programación temporal das accións. (acompañamiento)
c) Participación en Itinearrio Verde ou Dixital
d) Obradoiro de competencias dixitais
Nota: Todas as accións do programa realizaránse en formato online.
Obradoiro de competencias dixitais
Neste senso deseñamos uns obradoiros comúns, baseados en competencias transversais e empoderamento. Son 4 obradoiros, que segundo o perfil de cada usuaria deberá facer mínimo dous deles:
Sinatura Dixital (5h)
Alfabetización Dixital (12h)
Traballo en equipo e xestión eficaz do tempo (5h)
Empoderamento femenino e Crecemento Persoal (10h)
Tipos de itinerarios
Faremos dous tipos de itinerarios, o verde o e dixital, a escoller un deles:
Itinerario Verde
– Dinamización do Medio rural e Xestión do Patrimonio (50h)
– Apicultura ecolóxica (8h)
– Manipuladora de Productos Fitosanitarios. Nivel Básico (25h)
– Micoloxía silvestre e cultivo de fungos. (16h)
Itinerario Dixital
– Plan de Marketing e Organización de vendas (35h)
– Acreditación Docente para a Teleformación (60h)
– Protección da saúde e do bienestar:Teleasistencia (50h)
– Emprendemento (12h)
Tipos de itinerarios
Faremos dous tipos de itinerarios, o verde o e dixital, a escoller un deles:
Itinerario Verde
- Dinamización do Medio rural e Xestión do Patrimonio (50h)
- Apicultura ecolóxica (8h)
- Manipuladora de Productos Fitosanitarios. Nivel Básico (25h)
- Manipuladora de Productos Fitosanitarios. Nivel Básico (25h)
Itinerario Dixital
- Plan de Marketing e Organización de vendas (35h)
- Acreditación Docente para a Teleformación (60h)
- Protección da saúde e do bienestar:Teleasistencia (50h)
- Emprendemento (12h)