Iniciamos o plan de formación para a capacitación no desenvolvemento de funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

Trátase dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ás entidades empresariais e sindicais.

Tras os bos resultados de participación obtidos nas anteriores convocatorias reforzamos o noso compromiso en prol das boas relacións laborais  cunha formación orientada a consolidar as competencias de quen participa nas mesmas a través de un curso e tres xornadas/seminarios:

 

DENOMINACIÓN TIPOLOXÍA MODALIDADE HORAS PRAZAS DATAS APROXIMADAS
A igualdade entre homes e mulleres na negociación coletiva: plans de igualdade Curso Teleformación 70 38 Inicio xuño/Remate xullo
Xornada práctica de plans de igualdade Xornada Híbrido (Presencial ou virtual) 10 30 Setembro/outubro
Xornada de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI Xornada Híbrido (Presencial ou virtual) 5 31 Setembro/outubro
Xornada de fenda salarial e igualdade retributiva: auditoría Xornada Híbrido (Presencial ou virtual) 15 30 Setembro/outubro

 

A formación diríxese a persoas traballadoras, prioritariamente a aquelas relacionadas con procesos de negociación colectiva e/o diálogo social, ben a través da súa participación directa, ben a través da súa dirección, apoio ou asistencia técnica, como:

  • Persoas con cargo de presidencia e/o dirección de Empresas, Secretarios/as Xenerais, Presidentes/as e Xerentes de Asociacións Empresariais.
  • Persoas responsables e técnicas de departamentos de Recursos Humanos, Avogados/as, Asesores/as e demais persoas implicadas con participación activa nos procesos de diálogo social e negociación e xestión ou intermediación laboral das empresas.

Para facilitar a asistencia o curso formativo realizase en teleformación permitindo a formación adaptada ao ritmo de cada persoa participante. As xornadas, eminentemente prácticas e participativas realizaranse en modalidade presencial, posibilitando tamén a conexión por aula virtual.

Consulta e inscríbete na sección de formación da nosa web.

Reserva a túa praza!