Prevención fronte ao acoso laboral

Proxecto financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, co obxectivo de promover contornas laborais seguras e libres de calquera forma de acoso. Este vídeo ofrece información esencial sobre as obrigas legais das organizacións nesta materia, así como exemplos de boas prácticas para previr e xestionar situacións de acoso no lugar de traballo.

A través desta iniciativa, queremos destacar a importancia de establecer protocolos claros e efectivos que garantan a dignidade e o benestar das persoas traballadoras. A prevención e a sensibilización son ferramentas clave para fomentar un clima laboral respectuoso e igualitario.