Guía práctica sobre Igualdade

Manual para implantar un plan de igualdade na empresa

Manual para implantar un plan de igualdade na empresa

Un plan de Igualdade, no marco das organizacións, é un instrumento de intervención que articula un proceso de traballo no que se contemplan un conxunto de obxectivos, medidas e accións, debidamente planificadas e con coherencia entre elas, para avanzar progresivamente na consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. A Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, no
seu artigo 46.1, define o significado dos Plans de Igualdade nas empresas e cales deben ser os seus contidos.