A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) aprobou en decembro de 2018, a proposta do Grupo de Traballo Sector Agrario, o Plan Nacional de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrario (en castelán). A necesidade deste plan está avalada tanto polos datos de sinistralidade publicados como polos múltiples factores de risco aos que están sometidos os traballadores deste sector.
Ademais, acordouse que a primeira campaña do Plan de Sensibilización se centrara no envorco do tractor, principal axente material asociado ao accidente en xornada laboral nas actividades agraria e gandeira.
Os obxectivos desta campaña son o fomento do uso seguro do tractor e o aumento do número de tractores provistos de estrutura de protección en caso de envorco (ROPS) e de cinto de seguridade, a través da concienciación respecto ao risco de envorco e aos posibles danos ocasionados por este tipo de accidentes.
Esta campaña presentouse na Xornada técnica:
- Presentación da Campaña de Sensibilización «A túa vida, sen voltas» (8 de outubro de 2019 en Madrid) (en castelán)
A documentación básica da campaña consiste en:
- Material promocional, que inclúe un cartel, un tríptico, imáns, chapas, adhesivos e chaveiros.
- Material técnico, que inclúe un cartel, un folleto, un vídeo divulgativo con infografía relacionada e un simulador de condución segura do tractor.
Fonte: INSST