Tomando como referencia os cursos desenvoltos ao abeiro das axudas para o fomento da PRL, dende a CEC recopilamos os seguintes datos:
Accións formativas PRL | Liña 1 das axudas para o fomento da PRL no ano 2020:
- Detéctase claramente unha fenda de xénero en determinadas accións formativas. Todo o que ten que ver co manexo de equipos ten máis participación masculina e os aspectos psicosociais o interese maioritario é entre mulleres.
- Hai campo de mellora para evitar estas fendas que son síntoma das existentes no mercado de traballo.
Accións formativas PRL | Liña 2 das axudas para o fomento da PRL no ano 2020:
- Resulta significativo analizar os datos por xénero nas accións formativas. Cabería esperar que os cursos vencellados a sectores de actividade moi masculinizados como son o da construción e o do metal tivesen soamente representación masculina. Sorprende que non é así e no caso do curso PRL no sector naval, casi están equiparados.
- Por outra banda, si están en desvantaxe a participación de mulleres no curso sobre o Radon.
- Queda campo de mellora para o impulso da presenza da muller nestes sectores, nos que na acutalidade ademáis hai demanda de emprego.
- Si son maioría as mulleres na xornada sobre riscos psicosociais e xestión emocional. Aquí hai campo de mellora para impulsar esta formación entre os homes.