Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) conmemórase o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo o próximo 28 de abril. Con este motivo organizan unha xornada virtual, que forma parte da programación formativa para o ano 2021 do Insituto e que dende a CEC contribuimos na súa disfusión.

O ISSGA aproveita, con esta xornada virtual, a oportunidade para sensibilizar á  opinión pública e para estimular o diálogo sobre a importancia de crear  e investir en sistemas de SST resilientes, baseándose en exemplos de alianzas e colaboracións que se demostraron exitosas e que nos achegan ao obxectivo común de preservar a saúde dos traballadores e as traballadoras.

Esta xornada é unha oportunidade magnífica para poñer de manifesto e recoñecer publicamente o traballo desenvolvido pola técnicas e técnicos de prevención de riscos laborais nos distintos ámbitos nos que realizan as súas funcións.

Más información