A Xunta de Galicia pon a disposición de calquera persoa interesada un catálogo de entidades de economía social en Galicia.
Neste catálogo pódese atopar información sobre as entidades que actualmente forman parte da economía social de Galicia: cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, mutualidades, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación, comunidades e mancomunidades de montes en man común e asociacións e fundacións con actividade económica.
Ademáis dos datos básicos proporcionados polos diferentes rexistros autonómicos, as propias entidades incluídas no catálogo poden engadir e actualizar os seus datos de contacto, comerciais e de actividade, para favorecer a súa visualización e promover as relacións entre entidades.
O Catálogo galego de entidades da economía social está regulado na Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. A súa xestión correspóndelle á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia