O ISSGA organiza un webinar sobre xestión de conflitos que forma parte da programación formativa 2021 do instituto.

A maneira de afrontar as situacións de violencia e acoso laboral que poidan darse nas organizacións tenden a adoptar enfoques máis preventivos e integradores, actuando ante calquera tipo de condutas conflitivas, irregulares ou inapropiadas que poidan comportar certo grao de violencia no traballo.

Este webinar, realizado en colaboración con McMutual,  ten por obxectivo ofrecer recomendacións prácticas para a elaboración de protocolos de resolución de conflitos para a prevención do acoso e a violencia laboral desde un enfoque preventivo.

  • Data do webinar: 23 setembro 2021
  • Hora de comezo: 10:30 horas
  • Modalidade: Videoconferencia
  • Programa
  • Inscrición