A conciencia do paso do tempo adquiriu unha maior relevancia nos últimos tempos. O tempo, ese ben gratuíto e sempre dispoñible, parece querer estreitarse para converterse nunha limitación en lugar de ser un recurso. Cada vez máis frecuentemente concibimos o tempo como algo que é restrinxido e que se consome con demasiada rapidez. Ninguén parece ter tempo para nada que non sexa o que xa tiña ideado, e aínda así lévao a cabo cunha sensación de apuro, de angustia, de presión, coma se metésemos demasiadas cousas no peto e fora agora demasiado pesado. Froito desta actitude ou quizá en base a ela, está a nosa desaxeitada capacidade de organización profesional.
Pero fóra destas consideracións, o factor tempo no noso traballo é algo que se pode estruturar, planificar, xestionar e mesmo gozar. Iso si, hai que aprender algo sobre como se relaciona a nosa mente co tempo. É necesario establecer categorías de funcionamento e introducilas no manexo dos nosos proxectos e tarefas. Tamén cómpre saber algo acerca dos factores que afectan á nosa boa xestión, os inimigos da atención que vampirizan a nosa actividade, substituíndo o que temos que facer polo que nos obrigamos a facer. Noutras palabras, a boa xestión do tempo axuda a identificar todas aquelas tarefas que non achegan o valor suficiente como para xustificar que as fagamos. Todos temos algunha.
Este curso, eminentemente aplicado, péchase cunha guía práctica de planificación da que cada persoa asistente debe extraer a súa solución persoal, propia, explícita e executable. Os resultados son inmediatos e sorprendentes. Actúase con maior eficacia e con menor esforzo.
OBXECTIVOS:
Mediante este obradoiro preténdese que as persoas asistentes poidan ensanchar o paso do tempo para poder camiñar por el en lugar de correr. Concretamente, ten como obxectivos:
- Identificar os factores que conforman a boa xestión do tempo.
- Aprender a estruturar a axenda.
- Vacinarse contra os agresores externos (ladróns e vampiros).
- Deseñar un plan específico e personalizado de traballo para ser executado ao terminar o curso.
CONTIDOS:
- O construto do Tempo
- A natureza do Tempo: Método e Emoción
- Xestionando o Tempo:
- Por onde empezar
- Organizando a distribución
- A axenda ideal
- Incorporando o tempo aos nosos proxectos.
- Os vampiros do tempo, guía práctica para desarmalos.
- A diferenza entre planificar e orzamentar. Os períodos do tempo
- A miña solución persoal
METODOLOXÍA:
Desenvolverase seguindo unha metodoloxía de obradoiro, o que implica que ambas as sesións se desenvolverán cunha forte orientación práctica. Inicialmente, explicaranse os aspectos conceptuais máis básicos para, posteriormente, realizar diferentes actividades nas que desenvolver e aplicar os contidos teóricos mediante, por exemplo, dinámicas grupais, resolución de problemas e procura de solucións adaptadas a cada situación particular.
ORGANIZA:
Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC).
COORDINAN:
- Carlos Montes Piñeiro, G-3367 Presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións
- María Botana Rocamonde, Responsable de prevención de riscos laborais na Confederación de Empresarios de La Coruña
RELATOR: José Ortuño Vilurbina (G-01965), Asesor de Desenvolvemento e Aprendizaxe.
Nº DE PRAZAS: 15
DATAS: 25 e 26 de xaneiro
PREZO:
- Asociadas e asociados da Sección de PTO: Gratuíto
- Membros da División de PTORH: Gratuíto
- Asociadas e asociados á CEC: Gratuíto
- Demais persoas interessadas: 50€
INSCRICIÓN: Debe solicitarse por correo electrónico coa debida antelación.
O obradoiro terá un mínimo de asistentes, tendo preferencia as psicólogas e psicólogos asociados á Sección de PTO, podendo suspendelo o Colexio no caso de non obter un número de inscricións suficiente.
Ao día seguinte de rematar o prazo de inscrición comunicarase por e-mail a admisión ou non admisión.
Último día de inscrición: 18 de xaneiro de 2022