Materia

O presente convenio ten por obxecto sentar as bases da colaboración entre o Laboratorio de Radon de Galicia, da USC (Facultade de Medicina), e a CEC para a medición de radon interior nos postos de traballo situados nas empresas ubicadas na comunidade autónoma de Galicia, interesadas en coñecer a exposición a radon das persoas traballadoras e tomar as medidas oportunas de ser o caso.

USC - Laboratorio de Radon de Galicia

A USC leva a cabo actividades de investigación, docencia e desenvolvemento científico e tecnolóxico cuxo obxectivo fundamental é fomentar a xeración de coñecemento e mellorar o benestar da poboación galega. O Laboratorio de Radon de Galicia, encadrado dentro do grupo de Investigación GI 1956 “Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servicios de Saúde”, pertence á Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, da Facultade de Medicina da USC e foi creado no ano 2005.

O mencionado Laboratorio é de referencia a nivel internacional, participando na elaboración do documento de referencia da Organización Mundial da Saúde, no artigo máis citado sobre radon residencial e cancro de pulmón, e publicando máis de 55 artigos en revistas científicas con factor de impacto. Neste Laboratorio dirixíronse numerosas teses de doutoramento sobre o tema e recibiu numerosos premios de investigación. Asemade, o Laboratorio mantén o Mapa de Radon de Galicia na súa páxina web (www.radon.gal), que inclúe máis de 5.000 medicións de radon en vivendas galegas.

O Laboratorio de Radon de Galicia foi acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para a medición de radon en aire en 2019. Foi o segundo Laboratorio Acreditado pola técnica de trazas e é o único acreditado en España para a medición de radon en continuo. Asimesmo, está rexistrado como Laboratorio de Ensaio do rexistro RELAGA, do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Polo tanto, cumpre tódolos requirimentos legais para medir radon tanto en vivendas como en lugares de traballo. O Laboratorio de Radon de Galicia xa fixo medicións de radon interior en numerosos concellos galegos, o primeiro no ano 2005. Tamén fixo miles de medicións no sector empresarial de Galicia nos últimos anos, incluíndo pequena, mediana e gran empresa, en coordinación cos seus respectivos servizos de prevención de riscos laborais ou Mutuas.

A exposición a radon en espazos interiores é un problema coñecido en Galicia, que afecta a todo o seu territorio, tal e como recolle a autoridade de protección radiolóxica (Consejo de Seguridad Nuclear) e que son necesarias intervencións que permitan reducir dita exposición, tanto no ámbito residencial coma no ámbito laboral.

Servicios

Co fin de garantir a execución do obxecto do presente convenio, todas as partes terán a obriga de colaborar activamente para a consecución do seu obxecto. Polo tanto, os compromisos adquiridos polas partes serán os seguintes:

a. Obrigas da USC

  • Manter a acreditación do Laboratorio de Radon de Galicia e aqueles requisitos que o sitúen coma entidade con capacidade de dar medicións de radon de acordo coa lexislación vixente.
  • Facilitar a interlocución entre o Laboratorio de Radon de Galicia e as entidades interesadas na medición de radon para: establecer contacto co laboratorio, facer as tarefas de medición de radon en postos de traballo en tempo e forma e proporcionar os resultados correspondentes ás entidades que desexen a colaboración co Laboratorio.
  • Proporcionar a posibilidade de facer descontos no prezo das medición de radon ás empresas que desexen acollerse a este convenio.

A CEC colaborará activamente para a consecución do obxecto do presente convenio e a tal fin asume como obrigas as seguintes:

  • Difundir a relevancia do gas radon en Galicia como posible elemento presente nos postos de traballo das empresas de Galicia e a importancia de cumprir os requisitos legais de medición de radon, tal e como especifica a normativa actual (Instrución IS–33 do CSN) e o Código Técnico de Edificación (Real Decreto 732/2019, de 20 de decembro de 2019).
  • Difundir a existencia deste convenio e promover a súa execución entre as empresas asociadas, coas actuacións que constitúen o obxecto do presente convenio.
  • Informar da recomendación da medición de radon nos postos de traballo das empresas ubicadas en Galicia.

Suscríbete a nuestro Boletín

Te informaremos sobre subvenciones, ayudas, eventos, informes, publicaciones, cursos…