Porque, ademais de recibir ofertas de emprego semanais, contarás con todas as sesións de orientación laboral e mentoring que precises. Tamén poderás acceder a formacións innovadoras como a Acreditación Docente para a Teleformación ou o Bo uso da Intelixencia Artificial na procura de emprego, entre outras. Así mesmo, dispoñerás de pílulas formativas para mellorar o teu CV, a entrevista de traballo ou as competencias máis demandadas na actualidade.
Este programa de emprego é de balde e está financiado polo Concello da Coruña.