O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, iniciativa á que nos sumamos desde a CEC, a través do Gabinete Técnico de Igualdade, en colaboración coa Fundación San Rafael e as distintas persoas e organizacións participantes, co obxectivo de visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres científicas e fomentar a vocación nas nenas.
Neste 2025 propoñémosvos participar dunha charla coloquio na que contaremos con relevantes mulleres de ciencia en distintos ámbitos e futuras promesas que partillarán con nós sobre a súa traxectoria, experiencia, decisións tomadas, motivacións, cambios…
A xornada terá lugar o 7 de febreiro de 11:00 a 12:30 de xeito presencial (na nosa sede) e virtual e contaremos con:
- Angélica Figueroa ‖ Líder do Grupo de Investigación do Cancro no Instituto de Investigación Biomédica (Inibic) do Chuac
- María Moreno ‖ Head Renewables Spain en Greenalia
- Natalia Barreiro ‖ Directora do Complexo Industrial A Coruña Repsol