Obradoiro PRL. Saúde mental no contexto actual
Fechas y horarios
Ubicación
Datos generales
Tipo de evento: Taller
Asistencia: Presencial
Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008
Información adicional: Obradoiro Saúde Mental
Descripción
Previr problemas de saúde mental no traballo ten como base unha boa xestión dos riscos psicosociais. A Organización Mundial da Saúde recomenda que nos centros de traballo isto se faga mediante a implementación de intervencións directamente dirixidas ás condicións e as contornas de traballo. Enténdese por intervencións ás que evalúan e logo mitigan, modifican ou eliminan os riscos para a saúde mental no lugar de traballo. Entre esas intervencións figuran, por exemplo, a facilitación de modalidades de traballo flexibles ou a implementación de marcos para facer fronte á violencia e o acoso no traballo.
É certo que os factores individuais poden favorecer a aparición de problemas de saúde mental, pero tamén hai evidencia de que as condicións de traballo, se non son as axeitadas, poden xerar ou empeorar estes problemas. Por tanto, é importante poñer o foco de atención nas condicións nas que se desempeña o traballo, evitando aquelas que afectan negativamente á saúde
Por todo isto, dende a CEC, no marco do proxecto 100% PRL, organizamos un almorzo de traballo para a análise de accións para o coidado da saúde mental nos centros de traballo no marco actual, así como as competencias das persoas responsables de PRL neste eido.
Programa
María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC
10.10 Saúde mental no contexto actual
Carlos Montes– Presidente da sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.