Sesión práctica PRL: Primeiros Auxilios Psicolóxicos


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Jornada

Asistencia: Mixta (P+R)

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Información adicional: 01 Programa PAP

Descripción

En situacións de crise ou emerxencia, as reaccións emocionais e psicolóxicas poden ser tan impactantes como as físicas. Os Primeiros Auxilios Psicolóxicos (PAP) son unha intervención inmediata e breve, co obxectivo de ofrecer apoio emocional e axudar ás persoas afectadas a estabilizarse durante os momentos de crise. 
Esta sesión de carácter práctico, non só busca dotar de ferramentas útiles as persoas participantes, senón tamén fortalecer a súa capacidade para responder con empatía e seguridade en escenarios que poden ser desafiantes. 
É fundamental que lembremos que todas as persoas podemos ser axentes de apoio psicolóxico en momentos de crise, e que as nosas accións, por máis sinxelas que parezan, poden ter un impacto profundo na recuperación emocional de quen nos rodea.
A CEC en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e coa financiación da Xunta de Galicia, organiza esta sesión como ferramenta complementaria ás accións preventivas das organizacións, e falando unha vez máis da importancia da saúde mental no plano preventivo.
16:00  Presentación 
  María Botana. Asesora PRL e RSC da CEC

16:10   Primeiros Auxiliios Psicolóxicos  

•Cuestións previas: Que é unha situación crítica? Por que son importantes os PAP?  
•Que situacións críticas de emerxencia nos podemos atopar nunha organización? 
•Como afrontar unha situación crítica no contexto do traballo e das organizacións?  
•A importancia do autocoidado antes, durante e despois dunha situación crítica.   
  Elsa Rodríguez . Membro da Comisión Coordinadora do Grupo de   Intervención   Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial   de   Pscioloxía de Galicia.