Tecnoloxías emerxentes aplicadas á PRL
Fechas y horarios
Ubicación
Datos generales
Tipo de evento: Desayuno
Asistencia: Mixta (P+R)
Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008
Información adicional: Almorzo tec emerxentes
Descripción
Á prevención de riscos laborais, non é allea ao impacto que producen as tecnoloxías emerxentes. Nun mundo cada vez máis impulsado pola innovación, as organizacións teñen a oportunidade –e o reto– de integrar novas ferramentas tecnolóxicas que non só transforman a forma en que traballamos, senón que tamén poden mellorar significativamente a PRL na contorna laboral.
Tecnoloxías como a intelixencia artificial, a realidade aumentada, os wearables, e a análise de datos en tempo real, están a marcar a diferenza na identificación, xestión e prevención de riscos no traballo. Estas innovacións están a redefinir o concepto de seguridade no traballo, permitindo unha xestión proactiva de riscos, a optimización de procesos e unha mellora significativa, na toma de decisións.
Por todo isto, dende a CEC, no marco do proxecto 100% PRL, organizamos un almorzo de traballo para gozar dun espazo de intercambio e diálogo e coñecer casos prácticos, experiencias de éxito, e tendencias clave que nos axudarán a entender o futuro da prevención de riscos desde unha perspectiva tecnolóxica.
Traballos seguros e saudables na era dixital é o lema da campaña do Día Mundial da Seguridade e Saude no Traballo 2023 -2025. Nesta sesión abordaranse as ferramentas que as tecnoloxías emerxentes, ofrecen á mellora da PRL.
Programa
12:00 Presentación
María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC
12:10 Tecnoloxías emerxentes aplicadas á PRL
Antonio Vázquez – Gestor área Cultura y Liderazgo preventivo en PrevenControl e Membro da Xunta Directiva da Sociedad Gallega de PRL
14:00 Peche