Obradoiro de traballo. Saúde e benestar físico


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Taller

Asistencia: Presencial

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Información adicional: Obradoiro Saúde Física

Descripción


A mente e o corpo son dúas dimensións que se poden distinguir, pero que non se poden separar, é como unha folla de papel que ten un anverso e un reverso.


Na actualidade, existe numerosa evidencia científica que demostra, os beneficios da actividade física na saúde mental e por tanto, no noso benestar. Con todo, faise difícil poder integrar rutinas de actividade física no noso día a día. Enfrontámonos a unha vida con moitas demandas e ocupacións, que nos impiden poder instalar hábitos saudables de coidado á nosa dimensión física.


Por todo isto, dende a CEC, no marco do proxecto 100% PRL, organizamos un almorzo de traballo para afondar na promoción e no coidado da saúde física, nos centros de traballo.


Programa

10.00   Presentación

 María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC

10.10  Saúde e benestar físico

•Sedentarismo e inactividade física
•Actividade física e beneficios
•Recomendacións, mitos e xeneralidades
•Saúde e benestar físico
•Posturas e exercicios recomendados
•Estratexias para ser activo.

Roberto Pazos –  Responsable de proxectos Well-Being en empresas. The Well-Being Lab

13:00   Peche


A asistencia é gratuita, pero require inscrición.
*Entregarase un pack de bandas elásticas a cada persoa asistente, para a realización de posturas e exercicios recomendados durante a sesión.