Iniciamos o plan de formación para a capacitación no desenvolvemento de funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
Trátase dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ás entidades empresariais e sindicais.
Tras os bos resultados de participación obtidos nas anteriores convocatorias reforzamos o noso compromiso en prol das boas relacións laborais cunha formación orientada a consolidar as competencias de quen participa nas mesmas a través de un curso e tres xornadas/seminarios:
DENOMINACIÓN | TIPOLOXÍA | MODALIDADE | HORAS | PRAZAS | DATAS APROXIMADAS |
A igualdade entre homes e mulleres na negociación coletiva: plans de igualdade | Curso | Teleformación | 70 | 38 | Inicio xuño/Remate xullo |
Xornada práctica de plans de igualdade | Xornada | Híbrido (Presencial ou virtual) | 10 | 30 | Setembro/outubro |
Xornada de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI | Xornada | Híbrido (Presencial ou virtual) | 5 | 31 | Setembro/outubro |
Xornada de fenda salarial e igualdade retributiva: auditoría | Xornada | Híbrido (Presencial ou virtual) | 15 | 30 | Setembro/outubro |
A formación diríxese a persoas traballadoras, prioritariamente a aquelas relacionadas con procesos de negociación colectiva e/o diálogo social, ben a través da súa participación directa, ben a través da súa dirección, apoio ou asistencia técnica, como:
- Persoas con cargo de presidencia e/o dirección de Empresas, Secretarios/as Xenerais, Presidentes/as e Xerentes de Asociacións Empresariais.
- Persoas responsables e técnicas de departamentos de Recursos Humanos, Avogados/as, Asesores/as e demais persoas implicadas con participación activa nos procesos de diálogo social e negociación e xestión ou intermediación laboral das empresas.
Para facilitar a asistencia o curso formativo realizase en teleformación permitindo a formación adaptada ao ritmo de cada persoa participante. As xornadas, eminentemente prácticas e participativas realizaranse en modalidade presencial, posibilitando tamén a conexión por aula virtual.
Consulta e inscríbete na sección de formación da nosa web.
Reserva a túa praza!