Igualdade e diversidade no ámbito laboral: obrigas e mellores prácticas

Proxecto financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, co obxectivo de promover a inclusión e a equidade nas empresas. Este vídeo ofrece información clave sobre os deberes legais das organizacións en materia de igualdade, así como exemplos de boas prácticas que contribúen a crear contornas laborais máis diversas, respectuosas e igualitarias.

A través desta iniciativa, queremos destacar a importancia de fomentar políticas que garantan a igualdade de oportunidades, eliminando calquera tipo de discriminación no lugar de traballo.