Conscientes da necesidade de impulsar e apoiar medidas que favorezan a equiparación entre mulleres e homes no ámbito empresarial e laboral, A Confederación de Empresarios de La Coruña, promove distintas actuacións dentro do seu Gabinete Técnico de Igualdade: Dende o asesoramento e apoio técnico ás empresas que solicitan este servizo ata actuacións de difusión e promoción de boas prácticas e visualización de mulleres pioneiras ou destacadas en sectores tradicionalmente masculinizados.

Neste eido, o xoves día 27 de outubro organiza a III edición A igualdade, un activo para a empresa; unha xornada na que analizaremos, coas empresas participantes, cuestións referentes á implantación das medidas de igualdade no eido laboral, as principais barreiras e dificultades ás que nos afrontamos para facelo, así como beneficios económicos e vantaxes competitivas que abranguen ditas medidas.

Mantense, así, o compromiso adquirido por esta Confederación en prol da igualdade de oportunidades como factor clave para a dinamización e desenvolvemento do tecido empresarial:

«A igualdade é a alma da liberdade»
Frances Wright

Consulta o programa_III EdiciónClausura Gabinete

Inscribete indicando o nome e apelidos, empresa e datos de contacto a través de : igualdade@cec.es