A CEC xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, organiza este curso de 20 horas de duración sobre os sistemas de xestión baixo a norma ISO 45001 co fin de fomentar a mellora da prevención de riscos laborais no noso territorio.
A acción é totalmente gratuita pero é preciso inscribirse xa que o número de prazas é limitado.
O programa é o seguinte:
- Proceso de creación da Norma ISO 45001
- Estrutura de alto nivel (HLS) para normas de xestión
- Comparación da Norma ISO 45001 con outros sistemas de xestión de SST
- A norma ISO 45001. Estrutura e requisitos:
- Termos e condicións
- Contexto da organización e liderazgo
- Papel das partes interesadas
- Enfoque basado no risco
- Cumprimento de requisitos legais e outros requisitos
- Consulta e participación
- Xestión estratéxica e mellora do desempeño
- Sinerxias cos sistemas de xestión ISO 9001 e ISO 14001
- Proceso de migración á norma
- Casos prácticos
Lugar impartición: CEC. Praza Luis Seoane Torre 1 Ent. 15008 A Coruña
Datas e horario:
- 21 e 22 de outubro en horario de 8:30-15:30 h
- 23 de outubro en horario de 9:00 h a 15:00 h