A CEC xunto coa CEG, ao abeiro das axudas para o fomento da PRL no noso territorio, ten en marcha un gabinete de sensibilización en materia preventiva, centrado en dar resposta ás necesidades  sociais e empresariais de mellorar as condicións dos postos de traballo no noso tecido produtivo.

A saúde laboral e a reducción da sinistralidade no traballo, seguen a ser cuestións prioritarias para a nosa comunidade. A CEC considera á promoción da seguridade e saúde laboral como ferramenta de mellora das condicións de traballo o que se traduce tamén nunha ferramenta de competitividade empresarial.

Accións de información, de sensibilización e de fomento do cumprimento efectivo da normativa PRL, son as liñas de traballo postas en marcha neste proxecto para acadar os obxectivos propostos.

Calquera empresa pode acudir gratuitamente a estes servizos, para facilitar a mellora da cultura preventiva.

Todo está recollido no portal web: https://fomentoprl.cec.es