-
Campaña para informar dos perigos da realización de tarefas en tempo de altas temperaturas
-
Pon o foco na necesidade do descanso, a aclimatación, a boa alimentación e a hidratación no desenvolvemento de actividades onde a subida de graos estea presente
-
Porcúrase, mediante a información e a concienciación, unhas contornas laborais máis seguras e con máis benestar para as persoas traballadoras
É en épocas estivais onde a calor amósase como un dos factores de maior risco no desenvolvemento de tarefas laborais e é, en consecuencia, un dos focos de atención do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, que pon en circulación a campaña Traballo e calor para informar e concienciar a persoas empregadoras e empregadas dos perigos das altas temperaturas durante a xornada laboral.
Un dos principais riscos é o estrés térmico, dado cando existe unha situación de tensión por calor, isto é, unha acumulación de excesivas temperaturas no corpo. Esta situación dáse mediante a suma da carga de traballo propia das persoas, os factores ambientais da zona onde traballan e a resposta fisiolóxica que o seu propio organismo da como resposta á subida de graos no termómetro, polo que para un emprego máis seguro é preciso un coñecemento máis profundo da situación, máis aínda cando o traballo é realizado en verán, ao aire libre, ou co uso de equipos de protección individual (EPI).
É por isto que o Issga desglosa, a través dun tríptico e dun cartel informativo, algunhas das medidas preventivas máis destacables para sandar estes perigos, como é facer pausas e descansar ou facer descansar ao traballador ou traballadora cando aparezan os primeiros síntomas de sobrecarga por calor, informar ás persoas superiores da súa situación se están padecendo calor, beber auga frecuentemente (aínda que non se teña sede), non tomar bebidas alcohólicas, café ou abondosas comidas na xornada laboral e empregar, na medida do posible, roupas lixeiras, folgadas e de tecidos naturais, ademais de protexer a cabeza cun sombreiro, entre máis recomendacións.
É principal seguir traballando na saúde e na seguridade en calquera tipo de contorna laboral, sen esquecer, máis aínda no verán, a relevancia do coidado ante as altas temperaturas.
Ligazóns de interese: