Este primeiro webinar, que forma  parte da programación formativa do ISSGA para o ano 2022 e realizado en colaboración con Ibermutua, imos dedicalo á xestión do risco durante o embarazo e a lactación.

Nel analizaremos o marco normativo que o regula, o procedemento que se debe seguir na súa tramitación así como os riscos laborais e clínicos  e os diferentes axentes que interveñen: físicos, ergonómicos, químicos,  biolóxicos e psicosociais.

Para rematar haberá unha mesa redonda na que os axentes sociais nos darán a súa visión dende un punto de técnico deste tema.

  • Data do webinar: 5 abril 2021
  • Hora de comezo: 10:30 horas
  • Modalidade: Videoconferencia
  • Programa

Inscrición