A sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa CEC organizan un obradoiro sobre a xestión do tempo, cos seguintes obxectivos:
- Identificar os factores que conforman a boa xestión do tempo
- Aprender a estruturar a axenda
- Vacinarse contra os agresores externos (ladróns e vampiros)
- Deseñar un plan específico personalizado de traballo para ser executado ao terminar o curso
Contidos
- O construto do Tempo
- A natureza do Tempo Método e Emoción
- Xestionando o Tempo
- Por onde empezar
- Organizando a distribución
- A axenda ideal
- Incorporando o tempo aos nosos proxectos
- Os vampiros do tempo, guía práctica para desarmalos
- A diferenza entre planificar e orzamentar Os períodos do tempo
- A miña solución persoal
Datas
- 25 e 26 de xaneiro de 2022
Lugar de impartición
- Salón de actos da CEG | Rúa do Vilar 54. 15705 Santiago de Compostela
Prezo
- Asociadas e asociados da Sección de PTO Gratuíto
- Membros da División de PTORH Gratuíto
- Asociadas e asociados á CEC Gratuíto
- Demais persoas interesadas 50 €